25/02/11

Humor Negro



Do branco das nevadas pasamos ao negro do humor afroamericano
Blacula e o Dr Funkenstein enfróntanse á Criatura do Lago Branco
-Un monstro desovado pola CIA que realmente é unha serea negra-
O sketch está baseado en varias películas, coma no caso de Blacula


Outro referente, do mesmo tempo, é o filme do Frankenstein negro
-Outra produción de baixo presuposto de principios dos anos 70-


Blackenstein serviu tamén de inspiración musical por aquela época
Había un grupo chamado "The Brides of Funkenstein", por exemplo
E un tema dos míticos Parliament levaba por nome Dr. Funkenstein

18/02/11

Nevadas



A desta semana debe de ser a quinta nevada que levamos este inverno
En Lugo algo caeu, como se pode apreciar nestes documentos gráficos


Pero isto non foi nadiña comparado co que nevou na zona de Pedrafita
No Cebreiro enterreime ate o cu na neve ao pasar á beira dunha palloza
Para deixar constancia, aquí queda un humilde vídeo de colleita propia

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Xa postos, deixo aquí tamén outras pezas á sazón da presente tempada
Teño que admitir que non foi unha mala anada, con neve de gran buqué

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


11/02/11

Lugués de adopción



Tras case doce anos en Lugo, xa me podería considerar lugués de adopción
E a partir de hoxe con maior motivo, logo de saír na portada do xornal local
Por se fose pouco, compartindo foto cun vello coñecido, o alcalde da cidade
O titular principal é un pouco feo, pero hai novas polo medio coa súa chicha
En canto á noticia en cuestión do rexedor, por se tes interese pódela ver aquí
-Por certo, o texto é do meu ex xefe X.C. Vidal e a fotografía, de Pepe Álvez-
Despois disto, que máis se pode pedir para sentirse fillo adoptivo desta urbe?


04/02/11

O derradeiro de Stereolab?



Esta canción é a que abre o que semella o derradeiro disco de Stereolab
Chámase "Everybody's Weird Except Me", e rezuma unha total frescura
Outro tanto ocorre co seguinte tema, o rítmico e sentido "Supah Jaianto"


A portada do álbum non pode ser máis sinxela, ao estilo dos primeiros 90
Unha sinxeleza que había marcar a súa estela como grupo autoxestionado
Sen grandes selos, nin grandes majors, que lles ditasen ou lles quitasen ren
Era daquela cando esta banda aínda buscaba o seu propio son, ate logralo
Ao longo dos dez anos seguintes publicaron auténticas marabillas musicais
Texturas sonoras retrofuturistas coas que se adiantaron eóns ao seu tempo
Pero, como adoita pasar, a química chegou á súa fin, hai xa uns dous anos
Foi en 2008 cando crearon o anterior disco e este que acaban de publicar
Agora, cadaquén tomou o seu propio camiño, como xa fixo Laetitia Sadier


Barcelona en familia

  Vimos de visitar unha das cidades máis fermosas da Península e do mundo enteiro A capital catalá ofrece un patrimonio cultural único, come...