23/08/11

O castro de Viladonga



 O de Viladonga, en Castro de Rei, é un dos castros mellor conservados do país
Crese que xa estaba habitado un século antes da conquista romana da Gallaecia
Ocupa unhas catro hectáreas, á parte dos antecastros que rodean o asentamento
E a súa gran croa acada unha altura de catorce metros onde o foxo é máis fondo



As escavacións neste poboado prerromano e galaicorromano comezaron en 1971
-E, aínda que en distintas etapas, non cesaron ata a actualidade, de xeito frutífero-
Corenta anos despois, é un dos xacementos arqueolóxicos galegos máis coñecidos
Ademais de todo un referente, xunto con Baroña e Santa Tegra, da cultura castrexa


Á popularidade deste castro chairego contribuíu en gran medida o seu museo anexo
-Que abre as súas portas todo o ano, mediodía incluído, agás cinco días polo nadal-
Nas instalacións, de recomendable visita, explícase de xeito ameno como vivían aquí
Así que alí fomos, na compaña duns amigos de Cambados, e cuns 35 graos á sombra
Pero o pracer de camiñar devagar entre os restos das pallozas fixo que pagase a pena


1 comentario:

Nemigo dixo...

é un castro moi interesante e cando estás alí decátaste de todo o que esá por escavar e coñecer. O museo é moi interesante eu achegueime por ver os torques que alí teñen (os de sarria) pero a pouco que te informes ves da importancia que ten na historia da galiza o xeito de vivir e o moito que temos que aprender do noso pasado

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...