01/09/15

O cuarto aniversario de Selma




Hoxe, primeiro de setembro, celebramos que a nosa filla fai catro anos
Estas son algunhas imaxes súas captadas ao longo dos últimos doce meses


Cada unha destas tres fotos corresponde a unha cidade e a unha estación distinta
Pasou outono, inverno e primavera a cabalo entre A Coruña, Pontevedra e o seu fogar




Tanto en Lugo como en Cambados ou na Coruña moveuse por todos os parques
Sempre na mellor compaña, pasouno en grande xogando nos aparellos cos demais




Tanto na súa casa coma cos avós, enredou cos bonecos que máis lle gustan
E acudiu aos concertos, contacontos e obras de teatro dos seus artistas favoritos




Nas clases de Preescolar na Casa aprendeu a pasalo aínda mellor se cabe
Déronlle mil e unha ideas para sacarlle aínda máis partido ao seu tempo libre




Foron momentos á marxe da rutina dun colexio que lle encanta
Coma as veces que foi á piscina ou de excursión connosco 




Con retallos, paus, follas e outros adobíos fixemos tendas en Rábade
E a pequena quixo probar por vez primeira o churrasco en Luou
E mais fotografarse co seu curmán Martín na casa dos avós




Tamén vimos papaventos xigantes a voar polo ceo onda a Torre de Hércules
E bañámonos na praia na ría de Arousa durante as vacacións de verán
Vivimos xuntos unha morea de experiencias que nunca esquecerá



Ningún comentario:

Barbie, Cine e Moda

  Vimos de ver unha mostra con preto de 200 edicións limitadas da boneca máis famosa do mundo Trátase da exposición 'Barbie, Cine e Moda...